Friday 22 de November de 2024

Medio Ambiente colabora coa Federación Galega de Caza na organización de accións formativas para a práctica segura da actividade cinexética


A Xunta de Galicia apoia o desenvolvemento de un seminario sobre a prevención da siniestralidade e a edición de dípticos informativos sobre medidas de seguridade na caza

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio colaborará coa Federación Galega de Caza na organización de accións de carácter formativo para a práctica segura da actividade cinexética. Este compromiso quedou ratificado esta mañá tras a firma dun convenio de colaboración, asinado pola conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Diz.

A conselleira destacou o apoio a esta entidade, xa que é a máis representativa dos cazadores galegos, organízase en base a catro comités e intégrase co conxunto das federacións rexionais na Federación Española de Caza.

A contía que aporta o Goberno galego axudará á realización de actividades de divulgación, formación e de fomento da actividade cinexética. Nese sentido, destacou a actividade de prevención da siniestralidade, un curso de formación sobre as medidas de seguridade que se deben adoptar durante a práctica da actividade cinexética e na organización de batidas para evitar accidentes de tráfico; así como conceptos básicos sobre primeiros auxilios.

Outra das actividades nas que se colaborará é a campaña “Caza seguro para cazar ben”, que incluirá a edición e distribución de dípticos informativos sobre a seguridade na organización de cazarías e o Decálogo de Seguridade, así como o reparto de chalecos de alta visibilidade.

Tal e como manifestou o presidente da Federación á conselleira ambas actividades poranse en marcha ao longo dos meses de outubro e novembro deste ano.