O Concello de Frades acaba de pechar a tempada da piscina municipal deste verán, coa entrega dos diplomas dos cursos de natación que se desenvolveron nas instalacións durante as últimas semanas.
O alcalde, Roberto Rey, foi o encargado da entrega das acreditacións ás 25 persoas que participaron nos cursiños, tanto persoas adultas como nenos e nenas. As clases adaptáronse aos distintos perfís do alumnado, o que lle serviu para aprender a manexarse na auga e perfeccionar as súas destrezas en natación.
Rey fixo un balance moi satisfactorio da tempada da piscina, que logrou unha elevada afluencia de público nun verán de altas temperaturas. O alcalde asegura que “a piscina municipal en Papucín está consolidada como un punto de encontro dos veciños e veciñas no verán”, polo que nos últimos anos o Concello investiu na mellora das instalacións, tanto o vaso da piscina como a contorna natural e os equipamentos deportivos contiguos, entre os que destaca a pista de pádel.