Saturday 16 de November de 2024

O Servizo de Salvamento de Riveira manterase con 21 socorristas ata o día 12 nas praias da Ladeira, Coroso e o Vilar


O Concello de Riveira informa de que o Servizo de Salvamento e Socorrismo se manterá durante os 12 días primeiros do mes setembro nas dúas praias de maior risco (A Ladeira e O Vilar) e na máis concorrida (Coroso).

Un total de 21 socorristas (3 xefes de praia incluídos) velarán baixo a coordinación do Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal (GAEM) pola seguridade nestes areais tal e como se vén facendo nos últimos anos.