Saturday 16 de November de 2024

Máis dun cento de rapaces actuaron na gala de clausura do Verán Cultural de Riveira


Clausura dos obradoiros de conciliación do Verán Cultural cunha gran gala no Auditorio Municipal.

Nesta ocasión máis dun cento de nenos e nenas ataviados cos traxes que eles mesmos coas suas monitoras realizaron interpretaron diferentes pezas musicais en galego. Así, cada grupo dos obradoiros Xoga con Nós interpretaron una destas pezas: “A miña tía de Mamá Cabra”, “Parampampero” e “As maimiñas”, mentres que os asistentes no Summer of Cultural Camp actuaron con “W ego together”.

Durante o festival os familiares puideron ver un vídeo de presentación de todas as actividades que se realizaron ao longo do verán. Despois das actuacións, a concelleira de Cultura, Fabiola Martinez, e o técnico de Cultura Unai González fixeron entrega aos nenos/as dos diplomas e unhas larpeiradas de agasallo.