Friday 22 de November de 2024

A Mancomunidade de ordes pon en marcha dous novos cursos en liña sobre cooperativismo


Serán de balde e a inscrición estará aberta ata o vindeiro 8 de setembro

De cara ao mes de setembro a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes porá en marcha dous cursos en liña dirixido á poboación da comarca, cos que ademais se pretende fomentar o cooperativismo.
O primeiro leva por título ‘O emprendemento cooperativo’ e está dirixido a persoas desempregadas, emprendedoras e a todas aquelas que teñan interese en coñecer o funcionamento das cooperativas. O segundo deles, ‘Xestión de cooperativas’, está pensado para persoal técnico dos concellos que realice labores de asesoramento para o emprego, para persoal de xestorías e asesorías, así como para os que queiran coñecer a forma de xestión e organización das cooperativas. Ambos serán de balde e terán unha duración de 30 horas. O prazo de matrícula estará aberto ata o vindeiro 8 de setembro na plataforma de teleformación da Mancomunidade de Ordes http://formacion.mancomunidadeordes.org . Para calquera consulta pódese chamar ao 981680002 ou ben plantexala a través do seguinte correo electrónico: informacion@mancomunidadedeordes.org.