Friday 22 de November de 2024

Máis de sesenta persoas participan no Día da Bicicleta de Frades


Máis se sesenta veciños e veciñas participaron no Día da Bicicleta 2016 do Concello de Frades. Os participantes tiveron ocasión de percorrer dous itinerarios diferentes, adaptados a distintas idades: un de 13 quilómetros de lonxitude para persoas maiores de 8 anos e outro de 3,5 quilómetros para os nenos e as nenas.

Os dous grupos partiron da Praza da Ponte Carreira e estiveron acompañados durante o seu percorrido pola Garda Civil, na parte dianteira do grupo, e por un vehículo do Concello de Frades, pechando a marcha. Os afeccionados ao ciclismo pasaron por puntos do municipio como o colexio da Ponte Carreira, as pistas que bordean a canteira da empresa Erimsa, Vitre, Augas Santas, pistas da concentración parcelaria e de novo a Praza da Ponte Carreira. A ruta curta tivo a mesma saída e foi ata a vella cooperativa, Ledoira, O Mesón e de novo a praza.

Ao remate da xornada, na que participaron o concelleiro de Deportes, Jesús Miguel Prado Cea, e o técnico deportivo municipal, Lino Espiñeira, procedeuse ao sorteo de material deportivo entre todos os participantes. Os máis pequenos contaron con xogos inchables para entreterse. A organización ofreceu avituallamento con froita e bebida.