Saturday 16 de November de 2024

Nove traballadores contratados en Touro cun programa da Deputación farán durante tres meses tarefas de mantemento de patrimonio público, arranxo das vías públicas e reparación da rede de abastecemento de auga


Tres albaneis e seis axudantes de albaneis, en total nove traballadores, farán durrante tres meses no Concello de Touro tarefas de mantemento do patrimonio público funtamentalmente referidas ao saneamento, rede de sumidoiros así como a rede de abastecemento municipal de auga. O Concello de Touro desenvolve este proxecto grazas á Deputación da Coruña, que impulsa e promove o Programa de Integración Laboral (DP0027) mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. O Concello de Touro recibirá unha subvención a través deste programa da Deputación da Coruña de 31.000 euros, que servirán para sacar adiante o proxecto de contratación. Os traballadores tamén afrontarán tarefas de mantemento da pavimentación as vías públicas, consistentes en arranxos dos desperfectos que poida ter a vía, así como traballos de limpeza na rede viaria nos núcleos de poboación e mantemento das zonas axardinadas.
Os nove traballadores comenzaron as tarefas o pasado 1 de agosto e rematarán o 31 de outubro. Durante estes tres meses realizarán traballos de mantemento do patrimonio público municipal e tarefas preventivas de mantemento para que o saneamento, rede de sumidoiros así como a rede de abastecemento estean en aceptables condicións de funcionamento, seguridade e de conservación, para que deste xeito todos os usuarios dispoñas de ditas infraestructuras en condicións óptimas de calidade e funcionamento para o seu uso diario. Os nove traballadores tamén realizan tarefas de mantemento na pavimentación das vías públicas, consistentes en arranxos dos despertectos que poida ter a vía, como fochancas, traballos de reparacións e construcións de cunetas. O Concello de Touro, a través deste programa de integración laboral da Deputación da Coruña para o ano 2016, leva a cabo co persoal contratado a realización de tarefas de limpeza viaria nos núcleos de poboación urbanos e mantemento de zonas axardinadas. Este persoal tamén apoiarán ao conductor do camión de recollida de lixo.
O Concello de Touro destaca que ao non dipoñer de persoal suficiente para levar a cabo algunhas destas tarefas dunha forma satisfactoria, ao contar con persoal de apoio incluído no programa de integración laboral, as deficiencias estarían totalmente solventadas.