A alcaldesa en funcións, Ana Soneira, asinou o convenio coa Consellería de Medio Ambiente para a construción de beirarrúas, canalizacións de pluviais e mellara da capa de rodadura
A alcaldesa en funcións, Ana María Soneira, e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinaron recentemento o convenio que suporá un investimento de máis de 100.000 euros na humanización da Rúa Nova de Ordes. Entre este ano e o próximo está prevista a construción de beirarrúas, a canalización de pluviais e a mellora da capa de rodadura en toda a rúa.
Dita actuación inscríbese no Plan Hurbe, o cal ten como principais obxectivos fomentar a humanización das vilas, favorecer a cooperación da administración autonómica e os concellos e promover o reequilibrio territorial en Galicia. Todo isto a través da humanización de rúas e a urbanización e mellora de espazos e equipamentos públicos. En total lévanse executado 105 actuacións por 112 millóns de euros. O investimento deste ano para toda Galicia ascende a uns 11 millóns.