Friday 22 de November de 2024

‘Contos vellos para rapaces novos’ na Alameda de Ordes


As historias de Xosé Neira Vilas déronlle hoxe a benvida a este último día do mes na Alameda de Ordes con ‘Contos vellos para rapaces novos’. Un contacontos organizado pola Rede de Dinamización Lingüística co que se lle rende unha homenaxe ao autor de ‘Memorias dun neno labrego’ e co que se achega a súa obra á rapazada máis nova. Todas e todos eles desfrutaron cunha manchea de narracións baseadas na narrativa tradicional de comunidades espalladas por lugares como Nova Celandia, Cuba, O Perú, Malí, Nixeria, O Xapón,Birmania ou Australia.
A actividade enmárcase dentro do programa ‘Galicia culturea. Lingua e cultura no verán’, desenvolvido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.