Estará accesible desde o portal xustiza.gal e irá incorporando progresivamente outras funcionalidades como iniciar procedementos monitorios
A sede electrónica xudicial galega estará operativa en outubro e permitirá aos cidadáns consultar o estado no que se atopan as demandas ou procesos xudiciais nos que sexan parte. Para saber en que fase se atopa o proceso o demandante só precisará identificarse na sede cun certificado dixital ou co DNI electrónico. É a primeira fase dunha sede xudicial, que irá incorporando funcionalidades progresivamente como a de iniciar online procedementos monitorios, unha fórmula xudicial para reclamar impagos, que non precisa da intervención dun avogado ou dun procurador.
O obxectivo é que a sede se consolide como canle única para todas as actuacións, procedementos e servizos do ámbito xudicial como a presentación telemática de escritos, a validación de documentos, o acceso ao taboleiro de edictos, as notificacións electrónicas, poxas xudiciais ou o acceso seguro aos expedientes dos procesos xudiciais nos que se é parte.
As pezas do expediente xudicial electrónico
A sede xudicial estará accesible desde o portal xustiza.gal e é unha das pezas clave da xustiza sen papeis, un proceso complexo e progresivo, que se conseguirá unha vez que estea implantado o expediente xudicial electrónico. Entre as pezas que compoñen o EXE están as comunicacións integramente telemáticas entre os axentes xudiciais, e o conxunto de sistemas e solucións tecnolóxicas que conseguirán que o ciclo vital dos documentos xudiciais sexa completamente dixital como o visor do expediente xudicial; a integración da sinatura electrónica nos sistemas de información de xuíces e fiscais; a consolidación dun repositorio xudical únic; o sistema de gravación de vistas eFidelius ou o sistema de videconfencias.
Lexnet
En Galicia todas estas pezas están en marcha, algunhas con anos de antelación respecto ao conxunto do Estado. E o caso de Lexnet, a plataforma de intercambio seguro de información entre os axentes do ámbito xudicial, que se implantou na Comunidade en 2010 e que desde 2014 xa tiña habilitada a funcionalidade de presentación de escritos. O pasado 1 de xaneiro entraba en vigor a obrigatoriedade de que todos os axentes xudiciais empreguen Lexnet e nos seis primeiros meses do ano Galicia rexistrou 3,5 millóns de notificacións a través deste sistema, das cales máis de 46.000 corresponderon a demandas presentadas online.
Visor
En marzo deste ano iniciouse nos xulgados de Pontevedra a pilotaxe do visor do expediente xudicial, unha solución multidispositivo e única para todosos profesionais da Administración de Xustiza, que lles permite acceder á información dos expedientes xudiciais en formato electrónico, convenientemente ordenada e catalogada
A día de hoxe o visor está operativo en sedes xudiciais de A Coruña, Santiago, Vigo, Pontevedra, A Estrada, Vilagarcía, Cangas, Marín e Redondela e o están a empregar máis de 260 profesionais entre xuíces, fiscais e letrados, que poden acceder aos expedientes desde calquera lugar evitando imprimir a documentación e coas vantaxes de axilidade, eficiencia e seguridade que iso supón. O visor incorpora un buscador que facilita as buscas, filtrándoas en función das diferentes características dos procedementos ou documentos. Unha vez seleccionado o expediente o visor permite consultar os procedementos, pezas e documentos que o conforman.
Gravacións e sinatura dixital
Galicia liderou a evolución do sistema de grabación de vistas con sinatura dixital eFidelius que permite incorporar as gravacións dos xuízos ao expediente xudicial electrónico. Na actualidade, o 85% das salas de vistas, é dicir 137, contan esta esta solución instalada. Entre xaneiro e xuño gravárosne en Galicia máis de 7.000 vistas.
Esta nueva versión de eFidelius está en fase de implantación no Ministerio de Xustiza, nas comunidades de Cantabria e Aragón e en fase de probas na Comunidade de Madrid.
A sinatura dixital é outras das solucións nas que se está avanzando en Galicia. A integración do portasinaturas no sistema de xestión procesual Minerva permite aos xuíces asinar sentencias e procedementos sen ter que imprimilos e coa mesma validez que unha sinatura en papel. Nos seis primeiros meses do ano xa se realizaron máis de 4.800 sinaturas dixitais.
Repositorio único
Dentro deste proceso de dixitalización da Xustiza, Galicia conta xa cun repositorio unificado xudicial, único para todo o territorio da Comunidade autónoma, que está consolidado no 100% dos órganos xudiciais (45 sedes judiciales, 4 audiencias y el Tribunal Superior de Justicia de Galicia), e permite a consulta de case nove millóns de expedientes. Neste repositorio se actualiza diariamente a información dos distintos expedientes xudiciais xerada en cada sede xudicial, cunha media de 1.500 novos expedientes diarios.
Plan Senda 2020
Todas estas actuacións enmárcanse no Plan Senda 2020 para consolidar a dixitalización da Xustiza e avanzar cara o cero papel, un proceso progresivo, que Galicia iniciou en 2009 coas medidas do I Plan Senda (renovación de equipamento e infraestruturas de telecomunicación en todas as sedes xudiciais, implantación de sistemas de información para os diferentes perfís profesionais da Administración da Xustiza) e que culminará coa implantación efectiva do Expediente Xudicial Electrónico.
O Plan Senda 2020 busca acadar unha xustiza máis próxima e transparente, máis eficiente grazas á xestión electrónica e segura e conta cun investimento previsto de 26,6 millóns de euros.