O Centro de Día de San Sadurniño desenvolverá o vindeiro mes de setembro un programa de intervención na comunidade centrado na ximnasia rehabilitadora. A actividade impartiraa polas parroquias persoal do propio centro e con ela perséguese mellorar a condición física, acadar maior control e coñecemento do propio corpo, desenvolver habilidades e destrezas motrices e previr lesións de tipo xeral incidindo en posturas corporais saudables.
Persoas destinatarias: maiores de 55 anos empadroadas en San Sadurniño.
Programación:
San Sadurniño: 5 e 15 de setembro
Santa Mariña do Monte: 6 e 19 de setembro
Lamas: 7 e 20 de setembro
Bardaos: 8 e 21 de setembro
Ferreira: 12 e 22 de setembro
Naraío: 13 e 26 de setembro
Igrexafeita: 14 e 27 de setembro
Horario: de 17.00 a 18.00 h.
Para finalizar o programa, o mércores 28 de setembro, en coordinación con persoal municipal realizarase nos xardíns municipais unha sesión de peche e convivencia coa actuación do grupo musical Tropa de trapo.
Información e inscricións: nas oficinas de Servizos sociais e Igualdade do Concello ou chamando ao teléfono 981 490 027 ext. 1, antes do 31 de agosto