Saturday 16 de November de 2024

O Sigüeiro A proclámase campión do XIV Torneo de Fútbol Concello de Oroso


Venceu ao Sigüeiro ‘B’ na tanda de penaltis da final, mentres que no partido polo terceiro posto o Deixebre impúxose ao Xuventude
O Sigüeiro A proclamouse campión do XIV Torneo de Fútbol Concello de Oroso, ao vencer na final da competición ao Sigüeiro B. Foi necesario agardar á tanda de penaltis para coñecer o gañador, dado que o tempo regulamentario concluira cun empate a cero. No partido polo terceiro posto, a Sociedade Deportiva Deixebre impúxose por 1-0 á Escola Deportiva Xuventude Oroso.

Na súa semifinal, o Sigüeiro A medírase co Deixebre, cun resultado de 0-1 para o equipo que remataría sendo campión do torneo. Na outra semifinal, o Sigüeiro B empatou a cero co Xuventude Oroso, e o pase á final decidiuse nos penaltis.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, acudiu a presenciar o Torneo, acompañado polo concelleiro de Deportes, Luis Rey Villaverde, e o deputado provincial de Economía e Facenda e concelleiro de Seguridade Cidadá, Antonio Leira. Os tres encargáronse da entrega dos trofeos desta competición.