Saturday 16 de November de 2024

A Xunta inicia as obras de construción dunha senda na estrada AC-211, no concello de Abegondo


A senda terá unha lonxitude de 225 metros e construirase na marxe dereita da estrada autonómica

A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), inicia as obras de construción dunha senda peonil no treito da estrada AC-221, no concello de Abegondo(A Coruña). O seu obxectivo é habilitar un itinerario peonil desde o paso superior existente sobre a A-6 nas proximidades de Crendes hasta conectar coa beirarrúa existente en Abegondo.

Estas obras foron adxudicadas a Eulogio Viñal Obras y Construcciones, S.A por un importe de preto de 40.000 euros e teñen un prazo de execución dun mes.

A actuación desenvolverase na marxe dereita da estrada autonómica AC-221, entre os puntos quilométricos 12+775 e 13+000.

A solución proxectada consiste na execución dunha senda en formigón que contará cunha lonxitude de 1,8 metros e permitirá a segura circulación dos peóns. Ademais, como obras complementarias, colocarase un tubo de canalización de augas de drenaxe e unha varanda de 40 metros para a protección dunha obra de drenaxe transversal.