Friday 22 de November de 2024

Abre a Terceira Festa do Polbo de Palmeira


A III Festa do Polbo de Palmeira, os primeiros comensais xa se animaron á visitar a carpa situada na explanada portuaria da localidade.

Cómpre lembrar que dende a tarde os veciños e visitantes puideron disfrutar do mercado artesanal posto en marcha, e que a partir desta tarde se sucederán un intenso programa de actividades complementarias, con inchables para os nenos (17.30 horas), exhibición de taekuondo (20.30 horas) e a actuación musical de Mariú (22 horas). Entremedias, ás 20 horas, celebrarase o pregón a cargo do taekuondista Álex Vidal.

Unha vez máis, Manuel Veloso é o encargado dos fogóns e ademais do produto protagonista ofrece outras delicias propias do país como navallas, ameixas, churrasco, etc.

A festa gastronómica está organizada polo Concello de Riveira coa colaboración da Comisión de Festas de Palmeira.