O Concello de Cambre instalou hoxe unha varanda de seguridade no viario que percorre o río Mero ao seu paso pola parroquia de Cela. Trátase dunha reivindicación dos veciños desta parroquia co obxectivo de evitar que coches e peóns teñan maior seguridade ante o terraplén que separa o viario do río.
Recentemente, nesa mesma zona, a estrada esborrallouse pola crecida do río e Augas de Galicia viuse obrigada a contratar unha actuación urxente para reparala. Agora, os peóns poderán camiñar máis tranquilos polo viario e os coches terán un elemento de referencia con respecto ao desnivel existente.
Segundo a concelleira de Servizos, Elisa Pestonit, a varanda de madeira dará maior seguridade a peóns e vehículos e dá cumprimento a ?un compromiso do goberno local tras a petición de varios veciños da zona de colocar esta barreira de seguridade.