Saturday 16 de November de 2024

A Semana Cultural de Oroso ofrece mañá xoves inchables na piscina e unha Festa da Escuma


Éxito da xincana lingüística e elevada afluencia de público á actuación de monicreques

A Semana Cultural de Oroso ofrece mañá xoves, 25 de agosto, unha xornada de xogos inchables na piscina municipal en Sigüeiro. Durante todo o día, o acceso ás instalacións será gratuíto, e os xogos estarán dispoñibles entre as 11 e as 13 horas pola mañá e entre as 16 e as 19 horas pola tarde. E a partir das 19:15 horas, está prevista unha Festa da Escuma para nenos e nenas maiores de catro anos.

Nas últimas, a programación da Semana Cultural contou cunha notable resposta de público. Unha das actividades que se desenvolveu foi a Xincana Lingüística, do Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade. Consistiu nun obradoiro lúdico ao que asistiu unha ducia de nenos e nenas. Mediante xogos e con moita interacción entre os participantes, esta iniciativa procura estimular a utilización xeralizada da lingua galega en calquera actividade, ampliar o vocabulario e mellorar as habilidades de comunicación oral.

Outra das propostas foi o espectáculo ‘Vacacións no mar’, da compañía ‘Monicreques Mircromina’, seguido por máis dun centenar de persoas, maioritariamente público infantil, no exterior da piscina municipal.