A actuación ten dous obxectivos: cumprir coa propia ordenanza local e, doutra banda, para acabar cos plumachos, a planta invasora que está a causar danos irreparables no medio ambiente
Cambre puxo en marcha un plan de limpeza de leiras públicas en todo o municipio que se comezará a próxima semana.
A primeira actuación comezará no Polígono de Espírito Santo e abarcará a limpeza de máis de 59.500 metros cadrados de parcelas públicas para cumprir coa propia ordenanza local e, doutra banda, para acabar cos plumachos, a planta invasora que está a causar danos irreparables no medio ambiente.
Tras limpar as leiras de Espírito Santo abarcarase outra extensión de máis de 90.000 metros cadrados por todo o termo municipal e que se espera concluír durante o mes de setembro.
A erradicación da planta invasora é un dos obxectivos que se marcou o goberno local. Unha vez erradicados os plumachos das zonas públicas alertarase aos propietarios de leiras privadas nas que existe a planta invasora da súa obrigación de erradicala.
Para a eliminación do a Cortadeiroa selloana, unha vez realizado a roza completa da leira, haberá que esperar a que a planta empezo a brotar follas verdes, nese momento, se pulverizarán as plantas aplicando glifosatos ata empapar a planta e evitar que volva crecer. En caso considerarse se necesario realizarase un segundo tratamento con glifosato transcorridos seis meses desde a primeira pulverización.