O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes continúa o seu percorrido polos municipios da comarca realizando a súa particular xincana lingüística. Nesta ocasión foi o turno para os concellos de Ordes e Oroso, nos que en total participaro case 30 nenos e nenas. Tras realizar as distintas probas finalmente resolveron as palabra encriptadas. Entre elas unhas que chamaron moito a súa atención, crebacabezas e trabalinguas.