Friday 22 de November de 2024

‘Contos vellos para rapaces novos’ para despedir o mes de agosto en Ordes


A actividade terá lugar na Alameda e está especialmente pensada para a rapazada máis nova. Desenvolvida pola Rede de Dinamización Lingüística, plantéxase tamén comu unha homenaxe ao escritor Xosé Neira Vilas

Ordes despedirase do mes de agosto cos contos de Xosé Neira Vilas. O vindeiro mércores, día 3, terá lugar o contacontos que leva por título ‘Contos vellos para rapaces novos’, o cal se desenvolverá na Alameda a partir das 11 horas, aínda que no caso de chuvia trasladarase ao local social municipal sitado na rúa Reconciliación.
Con esta iniciativa, dirixida á rapazada máis nova, preferiblemente con idades entre os 5 e os 10 anos, a Rede de Dinamización Lingüística pretende renderlle unha homenaxe á Xosé Neira Vilas e achegar a súa figura á cidadanía. Para isto ofrécense unha manchea de historias baseadas na narrativa tradicional de comunidades espalladas por distintos continentes. Narracións orais vidas dende lugares como Nova Zelandia, Cuba, Perú, Malí, Nixeria, Xapón, Birmania ou Australia. Ademais, os asistentes poderá facerse cun exemplar do libro homónimo do afamado escritor cruceño.
A actividade enmárcase dentro do programa ‘Galicia culturea. Lingua e cultura no verán’, desenvolvido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.