A Concellería de Educación investiu durante a época estival máis de 30.000 euros en mellorar as infraestruturas dos centros educativos públicos do municipio. Segundo a concelleira de Educación, María Jesús Gómez, os traballos leváronse a cabo durante a época estival co obxectivo de que estean ?a punto? para o inicio escolar. Sinala que todas as actuacións que se realizaron foron propostas polos docentes e ANPAS dos centros escolares.
En concreto, no CEIP de Brexo Lema reparáronse as escaleiras de saída, instalouse unha porta antipático e varias persianas nas aulas, e reparouse a varanda de aluminio na saída traseira.
No CEIP Wenceslao Fernández Flórez, retirouse a Uralita do faldón no patio cuberto, arranxouse o teito da despensa da cociña e pintáronse aulas e corredores.
En canto á Escola Unitaria de Pravio, retirouse o armario existente, co fin de colocar un novo na interior da aula. Ademais, pintouse o muro do patio e a fachada do centro e melloráronse as conexións de fontanería da escola.
E na Escola Unitaria de Cecebre pechouse o soportal lateral, unha demanda dos profesores e pais, co obxectivo de que os alumnos poidan resgardarse do frío e a choiva durante o recreo durante a época invernal.
Nestes momentos aínda quedan pendentes de realizar os arranxos de parques infantís dos CEIP Gonzalo Torrente Ballester e a Escola de Pravio, que previsiblemente comezarán o próximo mes.