Friday 22 de November de 2024

O Xuventude Frades gaña o XIX Maratón de Fútbol do Concello de Frades


O equipo Xuventude Frades proclamouse campión do XIX Maratón de Fútbol do Concello de Frades, co seu triunfo na final ante o Paboi por 2 goles a 0. Os campións derrotaran nunha semifinal ao Combinado Frades or 1-0, mentres que o Paboi gañou na outra semifinal ao Veteranos Abellá por 1-0.

Nos penaltis polo terceiro posto, venceu o Combinado Frades sobre o Veteranos Abellá. A clasificación complétase co quinto posto para o Papucín, o secto para o Gafoi/Aiazo, o sétimo para o Ponte Carreira e a oitava praza para o Galegos.

Ademais dos trofeos ao gañador e ao subcampión, entregáronse un ao xogador que máis tantos anotou e outro ao porteiro que menos goles recibiu. O máximo goleador foi David Viqueira, do Paboi, con cinco tantos. O mellor porteiro foi Costoya, do Xuventude Frades, que non recibiu ningún gol.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, e o concelleiro de Deportes, Jesús Miguel Prado Cea, encargáronse da entrega dos trofeos. O alcalde destacou felicitou a todos os xogadores participantes “polo éxito rotundo tanto do xogo desenvolvido polos equipos, así como pola alta afluencia de público acadada no maratón municipal, que xa é un clásico e que o ano que vén cumprirá dúas décadas”.