Friday 22 de November de 2024

Ordes terá a súa III Feira de Oportunidades os días 8, 9 e 10 de setembro


O Concello de Ordes celebrará os vindeiros 8, 9 e 10 de setembro a III Feira de Oportunidades. En total serán 13 postos os que durante esa fin de semana converterán o primeiro andar da Praza de Abastos no maior centro comercial da vila cuns prezos incomparables.

Téxtil, calzado, decoración, bixutería, marroquinería e cerámica son os principais produtos sobre os que se basea esta cita comercial. Entre as firmas locais que participan nesta nova edición figuran: A. Ferreiro, Dress, Sportec, Tasmania, Muxa, Sombrero de Copa, Kukadas, Arco Iris, Peteiro, Capitán (calzados), Ekaté, Carma, Juan Carlos Varela. Todas elas abrirán os seus postos nun horario que vai de 10 a 14 e de 16,30 a 20,30 horas.

Paralelamente instalarase unha ludoteca, tamén no primeiro andar da Praza de Abastos, cun horario que irá de 18 a 20 horas o xoves e venres, ampliándose de 10.30 a 12.30 horas durante o sábado.

Novamente o Concello de Ordes volve a poñer en marcha unha iniciativa comercial que supoña un pulo e un estímulo para as ventas no inicio do curso escolar. Cabe destacar que tanto por parte do sector como do público as citas anteriores foron valoradas moi positivamente, rexistrándose un alto número de compradores e empresarios.