Participaron 32 competidores en Chans de Folgoso
O pasado domingo tivo lugar a oitava edición do Campionato de Caza San Huberto ‘Cidade de Riveira’: unha competición que no que concorreron un total de 32 afeccionados á actividade cinexética e que tivo ao riveirense Eloy Rodríguez como campión.
Seguíronlle na clasificación Roberto Dopico, Antonio Vilar, Antonio Costa, José Sanmartín, José María Carnota, Rafael Llames, Jorge Dobarganes, Serafín Corral e Juan Ramón Suárez.
A celebración, valedoira para o trofeo Can de Ouro, celebrouse na zona coñecida como Chans de Folgoso e despois de oito edicións está consolidade como un dos certames cinexéticos con máis competidores de Galicia.
Estivo organizado pola Sociedade Caza e Pesca de Barbanza coa colaboración do Concello e o patrocinio de numerosas entidades da comarca.
Cada competidor dispuxo dun tempo de quince minutos para abater dúas perdices, un obxectivo para cuxa consecución estivo asistido polo seu can, avaliándose á hora de dirimir a clasificación
tanto a habilidade do cazador como as cualidades e adestramento do animal.
Estiveron os concelleiros Anxo Orellán e Víctor Reiriz.