Friday 22 de November de 2024

Nenos vinculados a programas de Servizos Sociais participarán nun campamento para favorecer a súa integración


A actividade terá lugar dende mañá ata o 29 en Forcarei

A iniciativa da Concellería de Servizos Sociais un total de 19 nenos e nenas pertencentes aos programas que se desenvolven neste Departamento van participar dende mañá martes ata o día 29 nun Campamento de Verán en Forcarei (Pontevedra).

Trátase dunha actividade de educación non formal, de carácter ambiental, deportiva e tempo libre, no que tomarán parte menores e mocidade tanto con diversidade funcional como vinculados con programas dos Servizos Municipais Comunitarios. Terá carácter gratuíto para os participantes ao estar subvencionado na súa totalidade polo Concello de Riveira, presentándose como unha alternativa de ocio nun medio natural en época estival e favorecendo a integración social, aprendizaxe e convivencia no medio natural.

Este campamento, que se celebrará no Albergue Xuvenil de Pontemaril, realizarase conxuntamente coa entidade Golfiño Xestión de Ocio, que participará con outros 20 nenos, acadándose así o obxectivo fundamental de integración de nenos da comunidade en xeral e nenos adscritos aos programas de Servizos Sociais.

Estarán acompañados por un equipo de profesionais con titulación en actividades de tempo libre.