Froitas de tempada, verduras das hortas da zona, queixos, churros, doces, empanadas, roupa, zapatos, artesanía, porcos, gando vacún. O Mesón do Vento acolleu esta mañá unha nova cita co Feirón da Adina. Unha vez máis o Concello de Ordes colaborou coa organización desta cita para levar a cabo a súa celebración, coa que tamén se quere dar apoio ao comercio de proximidade e ao sector comercial e hostaleiro da zona.