O servizo descoñece o número de niños que erradicou a Xunta neste período, pero constatan un aumento considerable con respecto ao pasado verán
O Servizo de Emerxencias e Protección Civil de Cambre retirou desde o pasado 6 de xuño 140 niños de avispas asiáticas, as chamadas velutinas, un dato relevante se se ten en conta que durante todo o ano pasado retiráronse 238 niños deste insecto depredador.
En tan só dous meses Protección Civil de Cambre retirou máis da metade de niños que en todo o exercicio anterior o que dá idea da proliferación das avispas en todo o territorio municipal e na comarca.
Os efectivos cambreses destacan o alto gasto que está a supoñer esta praga para as arcas públicas posto que son moitas as horas que están a realizar durante a noite para tratar de paliar esta ameaza.
Aseguran que non poden atender a todas as chamadas dos veciños, case tres diarias, pola falta de efectivos, e polo tempo que lles leva retirar cada niño, posto que este labor débese levar a cabo en horario nocturno para que sexa efectiva.
O servizo descoñece o número de niños que erradicou a Xunta neste período, pero constatan un aumento considerable con respecto ao pasado verán.
Así mesmo, lembran que aínda existen avisos de veciños sobre niños que non foron eliminados pola falta de efectivos. Aconsellan aos veciños non retirar os niños ata a chegada dos profesionais posto que é de vital importancia que ao destruír o niño áchese no seu interior a raíña do enxame.
Destacan a súa preocupación polo aumento da praga asiática que xa destruíu centos de colmeas de abellas e que presenta unha grave ameaza para o medio ambiente.