Friday 22 de November de 2024

Inaugurada a exposición de pintura dos cativos do ‘Summer Camp’ de Oroso


Os nenos e nenas participantes no programa de conciliación ‘Summer Camp’, do Concello de Oroso, inauguraron esta mañá unha exposición de arte no Museo Hortensia Ramos, situado no centro cultural de Sigüeiro. Na inauguración estiveron acompañados polos concelleiros de Deporte e Cultura, Luis Rey, e de Ensino e Benestar, Beatriz Rodeiro.

A mostra recolle obras de pintura realizadas polos cativos durante o transcurso do programa de conciliación. Todas as persoas interesadas en vela poden acudir ao centro cultural ata o 30 de agosto, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas. A entrada á exposición é libre e de balde.