Friday 22 de November de 2024

A S.D.C. Órdenes e os Veterán Ordes impóñense no Trofeo Concello de Ordes e no I Torneo San Roque


O Concello de Ordes non se esquece dos afeccionados ao fútbol nestes días nos que se celebran as festas patronais de Santa María. O campo de Vista Alegre acolleu domingo o Trofeo Concello de Ordes, no que a S.D.C. Órdenes proclamouse vencedor, seguido da S. D. Sta Cruz de Montaos e da A. D. Vila de Ordes. O resultado final do Órdenes ante os seus rivais foi en ambos casos de 1 a 0. Víctor e Kevin, respectivamente, foron os encargados de facer subir os marcadores. Pola súa banda os do Montaos impuxéronse ante o Vila de Ordes por 2 a 0.
Por primeira vez na comarca desputouse o Torneo San Roque. A competición tivo lugar no campo de fútbol de Vista Alegre dende primeira hora da tarde de onte sábado, rexistrando un bo número de seguidores das cinco aliñacións inscritas. Os Veteráns Ordes foron os campións absolutos, seguidos do Peña Vilamaior e do Mesón do Vento C.F. Veteráns. Completando a clasificacións figuraron a S.D.C Órdenes Veteráns e o Poulo C.F. Veteráns.
O alcalde de Ordes e a concelleira de Medio Ambiente, José Luis Martínez Sanjujo e Ana Soneira, foron os encargados de entregar os trofeos a cada un dos participantes.
Ambas competicións foron organizadas polo Departamento de Deportes do Concello de Ordes, contando coa colaboración da Deputación da Coruña.