Manuel Regos anuncia a continuidade deste tipo de formación en próximas datas
Un total de 10 alumnos e alumnas asistiron á última sesión do curso de alfabetización que durante as últimas semanas se impartiu no Concello de Ordes. A dita iniciativa foi organizada por Radio ECCA dentro do segundo plan de inclusión social de Galicia, do que por primeira vez formou parte a Mancomunidade de Ordes.
O programa incluíu aspectos prácticos e teóricos relacionados co idioma galego e castelán, aplicación de habilidades matemáticas no aforro diario, elaboración de currículos, interpretar recibos, interpretar os códigos da sinais urbanos, trámites burocráticos, solicitudes e peticións cotiás tan básicas como citas médicas, cuestións do ámbito escolar e académico nos colexios e institutos etc. Tanto o presidente da Mancomunidade e a tenente de alcalde de Ordes, Manuel Regos e Silvia Marín, non quixeron perder a ocasión de compartir un pouco de tempo no que tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man a súa experiencia neste tipo de accións formativas. Regos tamén se interesou pola súa práctica no seu día a día no Concello de Ordes, ademais das problemáticas máis importantes que deben superar, como a inserción laboral, o idioma ou a escolarización dos fillos, entre outros temas.
Todos os participantes do curso demostráronlle ao presidente da Mancomunidade todo o aprendido a través dun texto elaborado por eles mesmos, o cal foi lido entre todos e todas. Ante os avances acadados tras o curso Manuel Regos comprometeuse a “continuar con esta iniciativa” e anunciou “que en breve volveranse convocar clases deste tipo para poder seguir avanzando”. Neste punto as alumnas aseguraron que “moitas persoas marroquís están interesadas en asistir a vindeiras convocatorias tras ver os bos resultados do curso”.
Finalmente todos xuntos desfrutaron dun almorzo composto por té e doces típicos marroquíes elaborados polas alumnas do curso. Todo elo como sinal de agradecemento non só ao presidente e aos seus acompañantes, senón tamén á mestra que impartiu o curso, á cal calificaron “como a mellor mestra” que todos tiveron dende a súa chegada a España.