Saturday 16 de November de 2024

A Xunta dá por finalizado o episodio de contaminación na praia dos Mosqueiros e a súa auga volve a ser apta para o baño


A raíz da última análise microbiolóxica realizada na auga da praia dos Mosqueiros pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, este areal volve a ser apto para o baño, tal e como comunicou ao Concello o ente autonómico nun escrito no que se dá por finalizado o episodio de contaminación.

Tal e como viña advertindo o propio Concello, tratábase dun problema temporal de presenza de entreococos intestinais derivada da existencia dende hai anos neste lugar dun punto de verquido: punto que se espera sexa erradicado definitivamente unha vez entre en funcionamento o bombeo instalado nos Mosqueiros no marco da progresiva implantación da EDAR de Riveira, actualmente en período de probas.