A xunta de goberno aproba o expediente de contratación das obras
A xunta de goberno local do Concello de Riveira deu luz verde á expediente da contratación das obras para a mellora da seguridade viaria na zona escolar de Frións, na parroquia de Carreira, a través da construción
Esta acción está adscrita ao Plan de Aforro e Investimento (PAI) adicional 1/2015 e ten un importe total de 52.714 euros, e un prazo de execución de dous meses.
A zona de actuación está situada na estrada provincial DP-7301, no entorno do IES Leliadoura, cuxa zona de tránsito para peóns presenta un pavimento de terra coas molestias que isto ocasiona, especialmente en época de chuvias. Por tal motivo proxéctase reordenar a zona de paso dotándoo dunha beirarrúa a base de baldosa hidráulica de 33×33 centímetros de formigón en color gris. O ancho mínimo será de 1,50 metros e a lonxitude do tramo de 256 metros.
Pluviais
Ademais, construirase unha nova rede de pluviais que consistirá na instalación dunha rede de drenaxe de pluviais. Consistirá na instalación dunha tubaxe de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro, pozos de rexistro e arquetas sumidoiro ao longo do percorrido da beirarrúa e paralelo á mesma.