Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Ordes desviará o tráfico rodado no centro da vila durante as súas festas patronais


Alfonso Senra cortarase dende ás 16 horas do sábado ata as 9 horas do vindeiro mércores

Con motivo das festas patronais de Santa María o Concello de Ordes levará a cabo distintos desvíos de tráfico ao quedar cortada a N-550 ao seu paso pola vila. Unhas variacións que se iniciarán dende este vindeiro sábado ás 16 horas ata as 9 horas do mércores, 17 de agosto, momento no que se restablecerá o itinerario habitual.
Deste xeito o tráfico quedará organizado do seguinte xeito, recomendando a circulación pola Rolda Leste para aqueles vehículos que non teñan que circular pola vila de Ordes:
• Sentido Santiago-A Coruña:
– Rúa Alfonso Senra (N-550), Rúa Lagartos, Rúa Prolongación Lagartos, Rúa Galicia, Rúa Camposanto, Rúa Casabella, Rúa Alfonso Senra (N-550).

• Sentido Santiago-A Coruña por Rolda Leste
– Itinerario recomendado para os usuarios en tránsito.

• Sentido A Coruña-Santiago:
– Rúa Alfonso Senra (N-550), Rúa Rosalía de Castro, Rúa Lagartos, Rúa Alfonso Senra (N-550).

• Sentido A Coruña-Santiago por Rolda Leste
– Itinerario recomendado para usuarios en tránsito.

• Emprazamento zona excluída o tráfico polo corte Rúa Alfonso Senra (N-550):
– Dende o cruce principal, intersección Alfonso Senra (N-550), Rúa Recreo,
– Rúa Lagartos ata intersección Alfonso Senra (N-550) con Rúa Rosalía de Castro.

A Policía Local de Ordes agradece a colaboración de todas e todos, desculpándose de antemán polos inconvintes que estes cambios poidan ocasionar. Tamén lembran da importancia dun consumo responsable durante as festas, co fin de incidir na seguridade viaria de peóns e condutores.