O SNL manterá aberto o período de inscrición ata o vindeiro 15 de setembro. As clases serán de mañá no concello con máis persoas matriculadas
Ata o vindeiro 15 de setembro estará aberto o prazo de presentación de solicitudes para formar parte do curso básico de lingua galega de preparación das probas para a obtención do Celga 2. Deste xeito o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes dá resposta á enorme demanda veciñal rexistrada nos últimos meses neste eido. O curso vai dirixido fundamentalmente a persoas interesadas na adquisición das competencias básicas en lingua galega e de cara á preparación das probas para obter o certificado de lingua galega, requisito indispensable para procesos de seleccións no ámbito público.
As clases terán lugar os luns, martes e xoves dende o 19 de setembro ata o 3 de novembro, no concello que presente un maior número de solicitudes. O horario irá dende as 10 ata as 12 horas.
Para acadar máis información as persoas interesadas poden contactar co SNL a través do teléfono 981 680002, extensión 120, dende as 9 ata as 15 horas.