O baile, as acrobacias, o equilibrio e o humor foron a base do espectáculo ‘Totum Revolutum’ ofrecido dentro do programa Unha viaxe pola cultura. Todas e todos os asistentes quedaron abraiados cos números e acrobacias executados pola parella de artistas que, sen dúbida, foron os protagonistas da xornada de onte no municipio de Ordes. Unha viaxe pola cultura é unha iniciativa lúdica especialmente pensada para desfrutala en familia e ao aire libre, levada a cabo polo Departamento de Cultura do Concello en colaboración coa Deputación da Coruña e a Axencia Galega de Industrias Culturais.