Artesán, artista e mestre das belas artes. Internacionalmente coñecido polas súas tallas en raíces de oliveira, pero cunha nada banal traxectoria como creador de arte noutras disciplinas, nas que se inclúe o debuxo publicitario, pintura ou modelado en barro.
As súas mans precisas dan a luz a obras que falan por si soas e nos transportan con elas. Beleza, carácter, sentimento, expresividade…
Os días 11 e 12 de agosto, teremos con RICARDO DÁVILA SANTOS unhas xornadas de modelado en barro que comezarán de 11.00 a 13.00 h. na praza do Cantón da Leña, unha actividade dirixida a todo o público que se achegue pola praza e queira participar, promovida pola Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán en colaboración co Concello da Pobra do Caramiñal.