O Departamento de Cultura do Concello de Ordes continúa a ofrecer cada tarde actuacións e espectáculos familiares, os cales forman parte do programa estival ‘Unha viaxe pola cultura’. Nesta ocasión foi a quenda para tres cociñeiros do máis musical que encheron de risas e diversión a Alameda da vila. Todos xuntos trataron de preparar un prato moi especial. Un ‘Cocido express’, que moitos e moitas dos asistentes xa están desexando repetir.