Thursday 21 de November de 2024

A Deputación aproba a reforma do céspede do campo de fútbol Dani Mallo


 

A subvención aprobada no pleno da Deputación é de 187.000 euros

O goberno local reformará o céspede do campo de fútbol Dani Mallo nos próximos meses grazas á subvención aprobada na Deputación dá Coruña no pleno de hoxe que alcanza os 187.000 euros. O alcalde, Manuel Rivas, espera asinar o convenio desta subvención durante os próximos días para poder iniciar o proceso de contratación no menor tempo posible. “Debemos agradecer á Deputación esta axuda para arranxar o céspede artificial que no seu estado actual produce serias lesións aos deportistas”, apunta Rivas. Hai que recordar que se trata dunha obra prioritaria polo deteriorado estado do terreo de xogo cambrés no que adestran e xogan cada semana 300 deportistas aproximadamente de varios clubs de fútbol do Concello. Mesmo fai xa meses a Federación Galega de Fútbol ameazou con suspender partidos fútbol polo risco que corrían os futbolistas despois de que se rexistrasen lesións achacadas ao estado do terreo. Nestes momentos os filamentos de herba artificial do campo están completamente descompostos e existen partes do campo no que actualmente non hai fibra.