O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, e a edil de Xuventude, Elisa Pestonit, desprazáronse hoxe á Illa de San Simón para visitar aos 50 mozos que participan no campamento náutico que organiza a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). O campamento finaliza hoxe e os particpantes volverán esta mesma tarde a Cambre.
A iniciativa está dirixida a nenos de entre 9 e 12 anos, que practicaron actividades como vela ou windsurf, ademais de xogos, talleres e veladas.
Este ano houbo unha gran demanda para este campamento polo que o Concello estudo proseguir con esta iniciativa estival dirixida á mocidade.