Thursday 21 de November de 2024

O concello abre a zona canina na Barcala


Segundo o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, o obxectivo é que os animais teñan un espazo de lecer e que se poida paliar o grave problema que existe na Barcala coas defecaciones destes animais nas zonas públicas

O Concello de Cambre acaba de abrir unha nova zona canina na Barcala co obxectivo de que os cans poidan gozar dun espazo de lecer sen ter que estar atados (excepto os potencialmente perigosos), xa que, segundo a lexislación, son os únicos lugares nos que poden estar soltos, aínda que baixo a vixilancia dos seus propietarios.

Non se trata só dun lugar no que os cans poden defecar, senón espazos nos que se poden socializar ao entrar en contacto con persoas e animais diferentes aos que coñecen. Esta relación é indispensable para que as mascotas adquiran un carácter equilibrado e para que se comporten de forma cívica.

O goberno local solicita a todos os donos que traten de coidar a zona canina e lembra que a zona non está exenta da obrigatoriedade de recoller os excrementos das súas mascotas. Colocouse un cartel explicativo e unha papeleira para arroxar os excrementos dos animais.

Segundo o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, o obxectivo é que os animais teñan un espazo de lecer e que se poida paliar o grave problema que existe na Barcala coas defecaciones destes animais nas zonas públicas.