Os nenos e nenas do Summer Camp 2016 acudiron ao Museo do Traxe Juanjo Liñares para inaugurar a súa mostra de pintura. Un acto que non quixo perder a concelleira de Educación, Susana García, que este verán está a compartir distintos momentos e celebracións coas persoas asistentes a estes cursos de conciliación desenvolvidos conxuntamente entre o Concello e a escola ConTalento. Decenas de lenzos colgan xa das paredes do auditorio. Trátase de lenzos realizados por elas e eles mesmos ao longo destes días, labor no que estiveron asesorados polos seus monitores e monitoras. As persoas que queiran visitar a mostra poderán facelo ata o vindeiro 19 de agosto nun horario que vai de 17 a 20 horas.