Friday 22 de November de 2024

Turismo de Galicia pon en marcha o ciclo de concertos ‘Latitudes’ no marco da celebración do Ano da Misericordia


Esta programación musical traerá a Galicia, nos meses de agosto, setembro e novembro, aos artistas Julieta Venegas, Guadi Galego, Xoel López, Anne Etchegoyen, Michael Nyman e Leiva

Turismo de Galicia pon en marcha o ciclo de concertos ‘Latitudes’, unha programación musical enmarcada na celebración do Ano Xubilar Estraodinario da Misericordia que traerá a Galicia a artistas de renome.

Así, nos meses de agosto, setembro e novembro visitarán a nosa comunidade os artistas Julieta Venegas, Guadi Galego, Xoel López, Anne Etchegoyen, Michael Nyman e Leiva para deleitar tanto aos miles de turistas e peregrinos que están a elixir Galicia como destino como a os galegos e galegas.

O 20 de agosto será o turno da compositoras mexicana Julieta Venegas e a artista galega Gaudi Galego que compartirán concerto en Santiago de Compostela.

Pola súa parte, o artista coruñés Xoel López chegará coa súa xira Paramales a cidade xacobea o 10 de setembro para compartir velada con Anne Etechegoyen, todo un fenómeno musical en Francia que realizou o Camiño de Santiago nunha búsqueda espiritual e creativa que culminou no albúm musical ‘Compostelle’.

O 4 de novembro Compostela acollerá o concerto dun dos compositores e pianistas máis innovadores e soados do Reino Unido, Michael Nyman, e o 10 deste mesmo mes subirase ao escenario Leiva, a metade do grupo musical Pereza que presentará o seu terceiro disco ‘Monstruos’.

O obxectivo deste ciclo é ofrecer tanto aos galegos como aos turistas e peregrinos que visiten Galicia neste período de celebración un valor engadido á ampla oferta da nosa comunidade.

Xunto a este ciclo de concertos esta programación especial impulsada por Turismo de Galicia inclúe tamén todo tipo de acontecementos culturais, artísticos e sociais, actuacións de investigación, así como iniciativas relacionadas co desenvolvemento turístico e a acollida ao visitante.