Friday 22 de November de 2024

Feijóo avanza a posta en marcha dunha liña de axudas para apoiar a cobertura dos medicamentos das familias con dificultades económicas e con menores a cargo


Precisa que esta medida permitirá desenvolver conxuntamente cos concellos un programa a través do cal se concederán axudas de ata do 40% dos medicamentos financiados polo Sistema Nacional de Saúde

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a aprobación dunha liña de axudas para apoiar a cobertura dos medicamentos das familias con dificultades económicas e con menores de 16 anos a cargo. A dita medida permitirá desenvolver conxuntamente cos concellos un programa a través do cal se concederán axudas de ata o 40% dos medicamentos financiados polo Sistema Nacional de Saúde.

Así mesmo, a contía máxima que cada entidade local poderá conceder aos destinatarios será de 120 euros por persoa integrante da unidade familiar e anualidade, se ben establécese a posibilidade de superar este límite nos casos en que a situación o faga aconsellable.

Logo de precisar que do importe da convocatoria desta orde para os anos 2016 e 2017 ascende a un total de 3 millóns de euros, o titular do Executivo autonómico concluíu lembrando que esta medida foi marcada como prioritaria na Axenda Social única asinada conxuntamente pola Xunta, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Rede Galega contra a Pobreza, o pasado mes de xuño.