Saturday 16 de November de 2024

O Paiaso Popín acende a ilusión de máis dun cento de nenos no primeiro día das festas


As festas de verán de Riveira deron o pistoletazo de saída esta mañá co lanzamento de 21 bombas de palenque e as dianas e alboradas a cargo da sociedade de gaitas e pandeiretas de O Rueiro da sociedade Fillos de Palmeira.

Ao mediodía na praza do Concello os nenos e nenas foron os grandes protagonistas coa actuación do paiaso Popín e o espectáculo “Popín Palomero”, que congregou a máis dun de nenos e nenas na explanada.

Pregón
Cómpre lembrar que hoxe ás 22 horas terá lugar o pregón inaugural por parte do físico, investigador e divulgador científico Jorge Mira.