Friday 22 de November de 2024

Oito veciños e veciñas de Frades rematan un curso de ofimática de 50 horas adaptado ao nivel e ás necesidades de cada alumno


Oito veciños e veciñas veñen de rematar un curso de ofimática de 50 horas lectivas convocado polo Concello de Frades. Trátase dun curso no que o profesor se adapta tanto ao nivel como ás necesidades de cada alumno, pudendo así ofrecerlle unha formación personalizada tanto no paquete de Office (Word, Excel, Accesss, Powerpoint) como en Internet (navegación, redes sociais, correo electrónico…). As clases impartíronse durante dous días por semana na Aula de Informática do Concello de Frades en horario nocturno, o que máis facilita a participación da veciñanza.