Saturday 16 de November de 2024

Cambre continúa reducindo o período medio de pago ata situalo en 10,40 días no segundo trimestre do ano


Rebaixa o período medio de pago 8 días respecto ao primeiro trimestre do ano tras implementar unha serie de reformas na xestión das facturas así como o cambio de programa contable

Cambre rebaixa de novo o período medio de pago ata situalo en 10,40 días no segundo trimestre do ano. Unha vez logrado implementar unha serie de reformas na xestión das facturas así como o cambio de programa contable. O concello logra así presentar un cociente de pago inferior aos 30 días tal e marca a lei.

En concreto simplificaron os procedementos administrativos para facturas de escasa contía así como a posta en marcha dun sistema dixital que permite de maneira telemática dar o visto e prace por parte dos responsables do gasto ás facturas. A simplificación dos procesos administrativos está tamén orientada ao veciño que xa non ten que facer tantos ?papelorios? para obter da administración local os seus servizos.

O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, indica que cumprir cos provedores do concello é un dos obxectivos do seu mandato e un dos retos que lle expuxo aos servizos económicos durante o primeiro ano do seu goberno. O reto agora é reducir agora os tempos nos pagos de subvencións, ?obxectivo para este segundo ano porque é unha demanda veciñal á que daremos resposta?.

Esta nova redución redunda na confianza dos provedores tanto presentes como todos aqueles que nun futuro pode prestar os seus servizos ao Concello.