Friday 22 de November de 2024

Os nenos e nenas das actividades de conciliación póñenlle as pilas aos seus bocatas


Bocatas de sardiñas con tomate, atún con leituga e cenoria, mexillóns, queixo, chocos en tinta… Os nenos e nenas das escolas de verán organizadas polo Concello de Ordes en colaboración coa escola ConTalento tiveron unha xornada do máis especial na que os bocatas foron os protagonistas. Todo isto grazas á campaña ‘Ponlle as pilas ao teu bocata’, levada a cabo pola Xunta de Galicia, un programa que inclúe as explicacións de dous simpáticos chefs no que se refire á alimentación saudable e á elaboración de conservas. Ademais disto tamén se levaron a cabo proxeccións de vídeo, xogos e a entrega de gorras e outro tipo de material promocional. Finalmente cada un dos nenos e nenas degustaron o bocata cuxos ingredientes escolleron elas e eles mesmos.