Trátase dun grupo formado por músicos profesionais de Vigo que, no ano 2011 deron a luz a esta formación co obxectivo de axudar a achegar ao público a creación dos poetas galegos, homes e mulleres, nomes que van desde Rosalía de Castro ou Manuel María ata xoves promesas máis actuais como Lucía Aldao, aos que poñen música en clave de swing, blues ou bolero
Os Amigos do Museo Valle-Inclán queremos sumarnos como cómplices (pero tamén como recoñecedores do bo facer) deste compromiso de Xardín Desordenado cos poetas galegos con esta cita, da que vos agradeceriamos difusión e á que aproveitamos para convidarvos a asistir e disfrutar do bo facer destes profesionais que, desde que comezaron o seu camiño xa percorreron os máis diversos escenarios culturais, desde bibliotecas e teatros ata a Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.