O Concello de Riveira informa da próxima celebración no edificio do Viveiro de Empresas dun curso gratuíto para mozos sobre inglés de negocios titulado “English for Work & Business”.
Esta iniciativa celebrarase dende o 19 de setembro ata o 24 de outubro en horario de 9 a 14 horas. Como único requisito cómpre ser beneficiario do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (ter menos de 30 anos, non estudar e non traballar).
O curso constará do seguinte contido:
Formación Troncal
• Empregabilidade e habilidades (30 horas)
• Competencias dixitais para a busca de emprego 2.0 (10 horas)
• Inglés para busca de emprego (25 horas)
Formación específica
• English for Work & Business (60 horas).
O prazo para inscribirse estará aberto ata o vindeiro 31 de agosto. Cómpre que as solicitudes sexan presentadas na Oficina de Atención Cidadá da Casa do Concello.