Saturday 16 de November de 2024

Touro viviu o seu XIV Festival de Bandas


Centos de veciños e visitantes disfrutaron en Fonte Díaz da música interpretada polas bandas de Touro, Arzúa e Boiro

Os veciños de Touro e os visitantes que se achegan no verán ata o Concello viviron e disfrutaron da música do seu XIV Festival de Bandas, organizado pola Banda de Música Isabel II de Touro e polo Concello de Touro. A cita musical é xa unha tradición en Touro nestas datas de finais de xullo. A tarde asollada de verán estivo chea de luz tamén achegada pola fermosa música interpretada polas bandas en Fonte Díaz, capital de Concello de Touro. Numeroso público acudiu ao concerto das tres bandas. Pasadas ás cinco e media da tarde, tras un corto pasarrúas das tres formacións, comenzou o festival.

Centos de veciños e forasteiros acudiron ao Campo da Festa, onde se instalou o palco e unha carpa. Abriu o festival a Banda e Escola de Música Vila de Arzúa, baixo a batuta de Jesús Alberto García Medraño. Os xóvenes músicos interpretaron os siguientes temas: Granada, A lenda de Montelongo, El barberillo de Lavapiés e Santana a portrait. Lle seguiu a Banda Municipal de Música de Boiro, que dirixiu Martín Beleirón. E interpretou: Fanfare, Romance and Finale; The wooden Devils, Rolipops e Saraaldara. O festival pechouno a Banda de Música Isabel II de Touro, con Ramón López Couso, o seu director, ao frente. O repertorio interpretado: Agüero, Marcha eslava, Voyage into the blue e Namoriqueira. As tres bandas colleitaron os aplausos do numeroso público, que disfrutó de una tarde de música y de verano na que tamén colaboran a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Bandas de Música.

A cita musical tamén serviu para que o Concello de Touro e os seus veciños deran unha pequena homenaxe a Tania Penas, veciña da parroquia de Bendaña, do Concello de Touro, estudiante do IES Pontepedriña de Santiago, que participou na Olimpiada Internacional de Bioloxía, que se celebrou do 17 ao 24 de xullo na capital vietnamita de Hanoi. Tania Penas logrou a Medalla de Ouro na Olimpiada Nacional de Bioloxía, o que lle permtiu acudir a Hanoi con outros tres compañeiros, todos eles de Madrid. O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, entregoulle hoxe un presente en nome dos todos os veciños e veciñas. E destacou o “talento” de Tania Penas, do que se sinten orgullosos todos os habitantes de Touro. “Esta moza honra aos estudantes do rural e fai visible o esforzo de moitos rapaces e rapazas que estudan fóra das cidades e que consiguen acadar éxitos e todos os obxectivos que se propoñen”. Ignacio Codesido falo de Tania Penas como un exemplo. E dixo que “o talento dos máis novos está por toda Galicia, incluido o rural e o interior”. Tania Penas agradeceu o recoñecemento dos veciños e veciñas e do propio Concello. E dixo sentirse orgullosa de proceder de Touro e da parroquia de Bendaña.