O Auditorio de Riveira viviu a sesión de clausura das Xornadas de Motivación Emprendedora, coorganizadas polo Concello e a Deputación da Coruña coa colaboración do Igape e a Xunta de Galicia.
Manuel Ruiz, alcalde de Riveira; e Javier Abad, director da Área de Desenvolvemento Económico, Turismo e Medio Ambiente da Deputación Provincial, foron os encargados de pechar esta iniciativa, que contou coa participación de máis de medio cento de asistentes.
O munícipe local destacou a importancia crecentes que está a ter na nosa época o papel do empredemento e manifestou que iniciativas como estas xornadas de motivación se adecúan aos criterios cos que se está a traballar dende este Concello, albergando propostas como o curso de especialistas en turismo que se está a realizar ou a próxima apertura dun viveiro de empresas.